martes 29 de junio de 2010

XXXI FESTIVAL DE PARDIÑAS


O días 7 e 8 de agosto, organizado pola Asociación Cultural "Xermolos", terá lugar na localidade de Pardiñas, no concello de Guitiriz, o Festival de Pardiñas e a Feira e festa da Música e da Arte, que se ven celebrando desde fai xa trinta anos.

O SABADO 7 DE AGOSTO ACTUARAN:

BELLÓN MACEIRAS QUINTETO (GALIZA) 22:00h

ÄL JAWALA (ALEMANIA) 23:30 H

CANTECA DE MACAO (MADRID) 01:00h

GALEGOZ (GALIZA) 03:00h

DOMINGO 8 DE AGOSTO

CÉ ORQUESTRA PANTASMA (GALIZA)

PELEPAU (GALIZA)

PABLO SEOANE (GALIZA) 20:30h

XOSÉ MANUEL BUDIÑO (GALIZA) 22:00h

ALALÉ (IRLANDA) 00:00h

GÜINTERVAN (GALIZA) 01:30h

MAPA DE ACCESO A PARDIÑAS

Ver mapa en google maps

sábado 1 de mayo de 2010

Na morte de José Maria Diaz Castro

O Amigo José André Lôpez Gonzâlez publicou este poema adicado ao poeta Diaz Castro en LUSOFONIA, o teu espaço de poesia lusófona, que teño a ven publicar aquí.

Na morte de José Maria Diaz Castro

(O escultor Raul Rio Diaz notificou-me o passamento em 2 de Outubro de 1990 do grande poeta galego Diaz Castro e em 3 de Outubro e eu escrevi este soneto em homenagem.

O poema foi publicado no órgão oficial do Bloco Nacionalista Galego, Benegá. Não lembro o número agora mas, foi polos dias em que morrera o poeta).

"E um cão que ficava deitado ergueu a testa e as orelhas. Era Argos, o cão do paciente Ulises a quem ele criara, mas que teve que o abandonar quando houve de partir para a sagrada Ílion."
(Homero, A Ilíada)

Honor àquele que navegou os mares
para voltar à Pátria in-esquecida
e envolto na saudade lentescida
nos trouxe a nau enchida de cantares.

Bogaste junto a nós para nos dares
Nimbos de luz e agora, na partida,
fica um recendo a erva florescida
Ulises Diaz Castro dos Vilares.

No Vilarinho a terra se outoniça
e bradam os bois longos letargos:
Um passo adiante e outro atrás, Galiza.

Um dia hão voltar passos amargos
e bandeiras de Parga a Pastoriza
quando te reconheçamos, como Argos.

Quarta-feira, 3 de Outubro de 1990.

Notas para leitores não galegos:

1.- “Nimbos” é o único livro que escreveu o poeta e que o sancionou como um dos mais grandes poetas em português da Galiza.
2.- O Vilarinho é a aldeia pertencente à freguesia dos Vilares (Concelho de Guitiriz na província de Lugo) onde nasceu em 19 de fevereiro do 1914.
3.- O terceiro verso do primeiro terceto é um verso colhido do seu imortal poema “Penélope”, transunto da Galiza.
4.- Parga e Pastoriza são duas vilinhas pertencentes à Terra Chã, comarca luguesa à que pertencia o poeta e que tem por capital a vila de Vilalva.

domingo 11 de abril de 2010

En Euskal Herria, malia os atrancos, é tempo de ilusión


O 27 de febreiro xordeu en Donostia o movemento «Independentistak» que se define a si mesmo no documento "Ari Gara" como plural e independente
Malia os atrancos que está a poñer o Estado encadeando aos seus líderes, impoñéndolles condenas que soan máis a vinganza que a xustiza, coa intención clara, segundo as análises dos partidos nacionalistas, de rachar o proceso e o debate dentro da Esquerda Abertzale para que todo siga igual. Estes partidos, na súa maioría, viron un cambio substancial e positivo nas posicións dese movemento para superar o conflito e tanto os partidos políticos Eusko Alkartasuna como Aralar, aínda que algo máis receosos, xunto á maioría sindical composta por ELA, LAB, ESK, STEE/EILAS, EHNE e HIRU manifestaron a súa disposición a empezar un diálogo de cara a comprometerse conxuntamente con eles na creación dunha fronte independentista en ausencia de violencias.

O PNV, aínda que non participa desta fronte por decisión propia, tamén se viu obrigado a dar algún paso para non quedarse en fóra de xogo e así reuniu aos seus cargos electos no BEC (Bilbao Exibition Center, nova Feira de Mostras) para presentar a iniciativa «Ados», coa intención de lanzar unha reflexión que permita superar o conflito político, adecuar os instrumentos políticos e xurídicos aos novos tempos e demandar o dereito a decidir.

Ao abeiro desta nova situación xorde o pasado 27 de febreiro en Donostia o movemento «Independentistak» que se define a si mesmo no documento "Ari Gara" como plural e independente, que está fora do xogo dos partidos e da competición electoral, un movemento que preserva a identidade, cultura e pensamento de cada cal. Apostan por vías, prácticas e marcos de decisión de carácter democrático, pedindo o mesmo a aqueles que defenden outros modelos nacionais para Euskal Herria, isto é, que é a sociedade o único suxeito na toma de decisións.

Debido a que a doutrina Garzón vai a misa, que todo vale no caixón de xastre da xustiza española, e a sabendas de que dita doutrina considera membro de ETA a todo aquel que comparta os seus obxectivos independentistas, este movemento deixa claro no devandito documento que «...as persoas reunidas nesta iniciativa non seguimos ordes de ninguén, non estamos cumprindo a suposta vontade de ETA, pero non consentiremos a utilización da escusa de ETA, para obstaculizar a creación dun movemento independentista plural e amplo».

A primeira iniciativa deste movemento é facer un chamamento de cara ao día 4 de Abril, Aberri Eguna -Día da Nación Vasca- para levar á rúa esta reivindicación entre todos e todas as independentistas, e celebralo conxuntamente como non se fixo dende xa fai moitos anos. A manifestación irá de Hendaia a Irun e afirman que «Será o Aberri Eguna do abrazo. O que nos sitúe fronte a fronte, mirándonos aos ollos».

Mentres tanto, Patxi López e o seu goberno ilexítimo están cada vez máis divorciados da sociedade vasca e, despois de ver como a súa popularidade cae en picado na enquisa do Eusko Barómetro, organismo pagado polo seu propio Goberno, adícase a facer propaganda, organizando grandes eventos oficiais dos que o único que queda é unha ridícula foto para a posteridade, coma a que aparecía na revista Vanity Fair escoitando música totalmente relaxado, coma si non tivera outra cousa que facer en plena crises económica. Para loitar contra dela non se lle ocorre outra cousa que crear un "Consello Asesor" composto polos grandes capitalistas que a provocaron e de dous colaboradores necesarios, membros de dous sindicatos minoritarios en Euskadi. Algo así como poñer a raposa para que garde o galiñeiro. Soamente lle faltou meter nese "circo", como lle chaman a ese Consello, ao presidente da CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, para que lle dera clases de como vendernos billetes falsos para saír voando da crise con Air Comet.

Repiten constantemente os medios de comunicación do imperio que se notou o cambio de goberno, pero como non sexa pola persecución infantil e até enfermiza do conselleiro do interior, Rodolfo Ares, de mandar a Ertzaintza quitarlle as fotos dos presos aos seus familiares case até da carteira, pola persecución e restrición do éuscaro nas escolas, o cambio do mapa do tempo na Euskal Televista e a perda de audiencia dese medio público debido a volta de personaxes rexeitados por esta sociedade xa fai moitos anos, podemos dicir que o único que se nota é que, máis que Patxi López, quen goberna é a dereita máis separadora e antibvasca representada por Antonio Basagoiti. Tamén pode ser que se leven pouco ideoloxicamente, pero esa política fai máis por repudiar e criar arredistas que por convencer a sociedade vasca para que se atope cómoda dentro do Estado español como pretenden eles e máis o PNV.

Para máis inri, o pasado día 9 aparece nas cabeceiras da prensa que un grupo de Falange y Tradición, que presuntamente fixo ameazas de morte e cometeu actos terroristas, se reuniu nun edificio do Ministerio de Defensa en Iruñea (Pamplona), o que confirma a dobre vara de medir do estado para cos diferentes grupos armados dependendo da ideoloxía que profesen, así como da Audiencia Nacional ao negarse a xulgar o caso, mentres que o fiscal pide para catro rapaces de Barakaldo 33 anos para cada un pola queima dun caixeiro. Máis tempo que por asasinar a dúas persoas, que xa é dicir.

Cando estaba para rematar este artigo aparece dun xeito rocambolesco, como se dunha película dos irmáns Marx se tratara, o corpo sen vida de Jon Anza no sitio onde máis buscado foi durante os once meses e pico que estivo desaparecido. Pero, inda así, a ilusión por superar o conflito segue e a política vasca segue a condicionar a do imperio obrigándoo a escribir guións tan absurdos e inverosímiles coma o que nos contan neste caso e outros non menos irracionais cos que nos agasallan de vez en cando nos seus medios de comunicación.

Publicado en TERRA E TEMPO DIXITAL o 17 de marzo de 2010

domingo 13 de diciembre de 2009

PRESENTACION DO LIBRO "CANTIGAS PARA CATRO MORTES"


O día 13 de novembro levóuse a cabo en Bilbao, na Sá de Actos de Euskaltzaindia, a presentación do libro Cantigas para catro mortes do poeta e debuxante galego exilado serodio en Venezuela, Xosé Sesto, que conta con traduccions ao español, euskera e catalán: (Poemas para cuatro muertes) a cárrego do ex ministro de Cultura da Venezuela bolivariana e fillo do autor, Farruco Sesto Novás; ao euskera (Lau heriotzentzat kantak) traducido polo que foi presidente de Euskaltzaindía, Juan San Martín e ao catalán (Cançons per a quatre morts) traducido por E. Losada.
Os cuatro poemas están adicados as mortes de Alexandre Bóveda, íntimo amigo do poeta, a Lluis Compayns, a Federico García Lorca e a masacrada vila de Gernika.
O libro, editado pola CIG está ilustrado por un curioso e artístico abecedario dibuxado polo propio autor. Conta, además, con unha introducción a carrego do historiador Felipe Senén López e con unha biografía de Xosé Sesto e notas elaborada polo investigador Xurxo Martínez Crespo que tamén están traducidos a ditos idiomas.
Na presentación interviron Felipe Senén, que falóu da personalidade de Xosé Sesto, ao que comparóu con Telesforo Monzón polo seu gran amor a patria, a sua fidalguía e as suas ideas relixiosas, dese cristianismo de liberación que tamén profesa o nicaragüano Ernesto Cardenal; Xurxo Martínez, que recordóu as cuatro fábulas de Meabe e o escritor e poeta vasco Edorta Jiménez que traduxo ao euskera a Introducción, a Biografía e as Notas, e que líu unhos poemas do libro en euskera.