lunes, 29 de octubre de 2012

Presentación en Guitiriz do libro "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria"

Sábado, día 3 de novembro as 20:00 horas

Na Escola Habanera de Guitiriz

Presentación do libro de Francisco Rodríguez Sánchez
ROSALÍA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA

Organiza Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz en colaboración coa Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo.

Presenta o acto: Xosé Lóis González (Pereira).

Despois o autor firmará libros.



jueves, 7 de junio de 2012

Xa hai cartel para o XXXIII Festival de Pardiñas


Xa se coñece o cartel da XXXIII edición do Festival de Pardiñas, o máis antigo dos festivais do país. Kepa Junkera, Quempallou ou Cuchufellos serán algúns dos artistas principais que encherán de música o palco da carballeira de Pardiñas (Guitiriz) na primeira fin de semana do mes de agosto, que este mes cae en sábado 4 de agosto e domingo 5 de agosto.

A Asociación Cultural Xermolos, que dende os seus inicios organiza este festival senlleiro polo que, ao longo da súa historia, pasaron os principais artistas e grupos de folk galego e internacional, anunciou o cartel completo desta 33ªedición, que inda por confirmar as horas exactas de cada actuación, está composto polos seguintes grupos:

SÁBADO 4:

MILESIOS (GALIZA)

COETUS+ELISEO PARRA (GALIZA)

KEPA JUNKERA (EUSKADI)

QUEMPALLOU (GALIZA)

CUCHUFELLOS (GALIZA)


DOMINGO 5:

TAMBORADA CHOTOKOEU

ZURRUMALLA (GALIZA)

BELTAINE (POLONIA)

CHOTOKOEU (GALIZA)

Kepa Junkera volve ao festival despois da súa lembrada actuación de hai dous anos. Pola súa banda, será a oportunidade de coñecer aos polacos Beltaine, que mesturan a música celta co metal. Os grupos galegos aseguran a festa rachada até altas horas da madrugada.

Unha novidade importante este ano é que o Festival verase complementado na véspera, o venres 3 de agosto, co Festival Pardiñas Rock 2012: oito grupos para once horas de rock ao vivo no mesmo escenario do Festival Folk, inda que neste caso a diferencia do Festival Folk, haberá que pagar entrada (10 euros anticipada e 12 en taquilla). Organiza Castrexo Producións e encabezan o cartel LA Leñera (grupo tributo a Leño) e Barricada.

viernes, 16 de marzo de 2012

Presentación do libro "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria"



O próximo 25 de abril, as 13,00 horas, na aula 208 da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Deusto o escritor Francisco Rodríguez Sánchez presentará o seu libro "Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria".

O acto está organizado pola Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo en colaboración coa Facultade de Ciencias Sociais e Humanas daUniversidade de Deusto.

Ese mesmo dia 25 de abril as 19:00 horas levarase a cabo outra presentación na sala Ganbara do Edificio da Bolsa (Pazo de John) no Casco Vello de Bilbao. A continuación o autor firmará libros.