Xa se coñece o cartel da XXXIII edición do Festival de Pardiñas, o máis antigo dos festivais do país. Kepa Junkera, Quempallou ou Cuchufellos serán algúns dos artistas principais que encherán de música o palco da carballeira de Pardiñas (Guitiriz) na primeira fin de semana do mes de agosto, que este mes cae en sábado 4 de agosto e domingo 5 de agosto.
A Asociación Cultural Xermolos, que dende os seus inicios organiza este festival senlleiro polo que, ao longo da súa historia, pasaron os principais artistas e grupos de folk galego e internacional, anunciou o cartel completo desta 33ªedición, que inda por confirmar as horas exactas de cada actuación, está composto polos seguintes grupos:
SÁBADO 4:
MILESIOS (GALIZA)
COETUS+ELISEO PARRA (GALIZA)
KEPA JUNKERA (EUSKADI)
QUEMPALLOU (GALIZA)
CUCHUFELLOS (GALIZA)
DOMINGO 5:
TAMBORADA CHOTOKOEU
ZURRUMALLA (GALIZA)
BELTAINE (POLONIA)
CHOTOKOEU (GALIZA)
Kepa Junkera volve ao festival despois da súa lembrada actuación de hai dous anos. Pola súa banda, será a oportunidade de coñecer aos polacos Beltaine, que mesturan a música celta co metal. Os grupos galegos aseguran a festa rachada até altas horas da madrugada.
Unha novidade importante este ano é que o Festival verase complementado na véspera, o venres 3 de agosto, co Festival Pardiñas Rock 2012: oito grupos para once horas de rock ao vivo no mesmo escenario do Festival Folk, inda que neste caso a diferencia do Festival Folk, haberá que pagar entrada (10 euros anticipada e 12 en taquilla). Organiza Castrexo Producións e encabezan o cartel LA Leñera (grupo tributo a Leño) e Barricada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario